Wednesday 08 de May de 2024

A Xunta de Galicia avoga pola información e a sensibilización para promover un consumo responsable


 

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou esta tarde a importancia de concienciar á sociedade sobre a necesidade de consumir con responsabilidade. Fíxoo na presentación da Fundación Knowcosters e da canle de televisión on line knowcosters.tv, dedicada a promover un consumo informado, á que tamén asistiu a directora xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Sol Vázquez.

Na súa intervención, Fabiola García, enxalzou a tarefa pedagóxica desta fundación, en especial na sociedade de consumo actual na que a forma na que consumimos moldea o mundo no que vivimos. E avogou pola necesidade de facer unha reflexión previa sobre os efectos que ten cada decisión de compra que tomamos.

Ademais, explicou que o seu traballo na Consellería de Política Social consiste en axudar e impulsar a persoas que non aparecen de maneira habitual nos anuncios da televisión, como os maiores dependentes, os menores en situación de desamparo, as persoas en situación ou risco de exclusión e as persoas con discapacidade. De feito, a conselleira defendeu unha maior visibilidade e que se teñan en conta os logros que cada día acadan estas persoas.